Co fin de apostar por un voluntariado inclusivo nas persoas con discapacidade, COCEMFE (Confederación Española de Persoas con Discapacidade) celebrou o 'Encontro Nacional de Voluntariado e Discapacidade: a acción colectiva que transforma o mundo’, unhas xornadas ás que asistiron representantes de COGAMI.
Un total de 13 persoas voluntarias, doce destas con discapacidade, de COGAMI e das asociacións membro Íntegro, Acadar de Ourense, Federación COGAMI Pontevedra e Federación COGAMI Lugo participaron xunto a outras entidades procedentes de diferentes territorios do Estado español.
Nesta xornada fíxose fincapé en que as persoas con discapacidade física e orgánica poden ser tanto receptoras de voluntariado como quen exerce a actividade voluntaria e exercer como axentes de cambio para transformar o mundo.
Estas xornadas serviron para intercambiar coñecementos, coñecer a realidade doutras entidades, maneiras de sensibilización e activismo, ademais de crear lazos, cohesión, coordinación e novas relación e redes entre as entidades do movemento asociativo de COCEMFE, sendo en Galicia a representante COGAMI.