• Novas
  • 24 de septiembre de 2018

COGAMI participou nunhas xornadas sobre Estratexias para unha escola inclusiva e atención á diversidade

COGAMI participou nunhas xornadas sobre Estratexias para unha escola inclusiva e atención á diversidade

COGAMI foi unha das entidades convidades para participar na xornada de formación sobre educación inclusiva xunto a sete entidades máis que teñen asinado o convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para realizar proxectos dirixidos á mellora da atención educativa e á inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais derivadas da súa discapacidade.

Nas xornadas, que foron organizadas polo Centro de Frmación e Recursos do Profesorado de Pontevedra, pretender ser un espazo para dar a coñecer entre os docentes o traballo realizado polas entidades que teñen asinado o convenio coa Consellería, co fin de achegar o noso proxecto aos centros educativo e ao seu profesorado.

Mediante unha charla informativa, COGAMI presentou o labor en educación levado a cabo durante este ano 2018 a través dun programa que financia COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica).