• Novas
  • 22 de noviembre de 2018

COGAMI presenta a campaña #Arrestópolis para denunciar a falta de accesibilidade nos edificios de vivendas

COGAMI presenta a campaña #Arrestópolis para denunciar a falta de accesibilidade nos edificios de vivendas

COGAMI e centros e entidades membro, celebrarán o vindeiro mércores, 28 de novembro, ás 11 horas, varias concentracións simultáneas que se desenvolverán nas seguintes localidades:

COGAMI, Íntegro, Avante, Amarai, centro de recursos Medelo, Acem Santiago, Amico Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela
Adisbismur e Misela Praza do Concello de Muros
Amizade Praza de Ourense en Pontevedra
Federación Discafis COGAMI Concellería de Urbanismo de Ourense
Asdifica Praza do Concello en O Carballiño
Ambar Rúa Peatonal de Boiro
Federación COGAMIA Pontevedra Rúa Príncipe de Vigo (diante do Museo Marco)
Grumico Obelisco en A Coruña
A Xanela diante da asociación na rúa Santiago de As Pontes
Centro de recursos Fingoi en Lugo Praza Maior de Lugo
Agora, Federación COGAMI Lugo Praza de España en Monforte de Lemos

 

Estas concentracións serán para presentar a campaña #Arrestópolis de COCEMFE nacional (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) para denunciar a falta de accesibilidade en edificios de vivendas que manteñen encerradas na súa propia casa a persoas con discapacidade e reivindicar o dereito á vida independente e a unha vivenda digna.

Actualmente, só o 0,6% dos 10 millóns de edificios de vivendas de España compren de maneira total a regulamentación en materia de accesibilidade, a pesar de que o pasado 4 de decembro finalizou o prazo legal para que todos os produtos, bens, contornas e servizos foran accesibles.

Esta campaña #Arrestópolis pretende lembrar que hoxe en día hai moitas persoas que non poden saír das súas casas, polo que o movemento asociativo de COCEMFE pretende sensibilizar a toda a cidadanía e axentes implicados na cadea de accesibilidade para que non exista ningunha persoa présa sen ter cometido delito algún.

Esta campaña se presentará simultaneamente en 37 concentracións repartidas por toda a xeografía nacional nas que se prevé a participación de máis de 2.000 persoas.