COGAMI presenta no concello de Becerreá os servizos que desenvolve a favor da inclusión
  • Novas
  • 24 de marzo de 2021

COGAMI presenta no concello de Becerreá os servizos que desenvolve a favor da inclusión


O centro de Servizos Sociais do concello lucense de Becerreá foi o lugar que acolleu unha charla da traballadora social de COGAMI en Lugo, Carla Fernández, e maila orientadora laboral, Antonia Ares.

O motivo desta charla foi presentarlle á persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral da zona os servizos e programas que presta COGAMI, tanto de formación e intermediación laboral como tamén de accesibilidade, asesoramento, voluntariado, préstamos de produtos de apoio, de fisioterapia, asistencia persoal e de lecer.

A esta charla, na que tamén estivo presente a técnica do Plan de Inclusión encargada da zona dos Ancares, asistiron cinco mulleres, todas elas con discapacidade e dúas en proceso de solicitude. Ao ser todas mulleres, tamén se lles informou de programas específicos de COGAMI dirixidos a mulleres e nenas con discapacidade, que teñen por finalidade empoderalas e eliminar a discriminación social cara a elas.