A Educadora Social do centro de recursos Fingoi que COGAMI ten en Lugo, Cristina Alonso, presentou na sede da Universidade Menéndez Pelayo de A Coruña todos os programas artísticos que realizaron no centro durante os últimos anos. O primeiro destes traballos foi presentado en compañía da xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, Encarna Lago, quen colabora estreitamente con COGAMI co fin de achegar a cultura a todas as persoas.
Ante un aforo formado por docentes de educación infantil e primaria, outros dos programas artísticos presentados foron os europeos Artability e Arts que se realizaron en colaboración con representantes doutras entidades de Europa e que propiciaron, ademais de traballos artísticos, tamén a convivencia e intercambio de técnicas e boas prácticas entre as entidades.
Outro dos programas expostos por Cristina Alonso foi o mantido con diferentes centros escolares de Lugo, onde as propias persoas usuarias do centro de recursos Fingoi foron as encargadas de impartirlles obradoiros ao alumnado dos colexios participantes.