COGAMI é unha das entidades que está presente no congreso que organiza a Asociación Europea de Provedores de Servizos para Persoas con Discapacidade (EASPD) un foro que acolle a máis de trescentas persoas para reflexionar sobre como atraer o talento para seguir traballando na mellora da inclusión social e laboral das persoas con discapacidade.
A coordina da área de Proxectos de COGAMI, Catuxa Pereira, asiste a este congreso no que se tratarán aspectos relativos ás persoas que traballan con persoas con discapacidade relativos ao benestar e satisfacción laboral para a retención do talento no sector e tamén de novas metodoloxías de traballo.

Baixo o título O persoal é importante! centraranse en temas de recrutamento, retención e formación de man de obra de asistencia e apoio social na prestación de servizos de acordo coa Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Neste conferencia debaterase e compartiranse as mellores prácticas sobre como xestionar os recursos humanos.
EASPD es la Asociación Europea de Proveedores de Servicios para Personas con Discapacidad (EASPD) representa a máis de 15.000 entidades que prestan ou dan apoio a persoas con discapacidade en toda Europa. Anualmente, esta entidade organiza eventos para os seus membros co fin de promocionar información actualizada sobre avances políticos da Unión Europea no sector social e da discapacidade, estudos proxectos e, ao mesmo tempo, permite que as entidades membro poidan facer aportacións sobre temas de emprego, educación e vida independente, co fin de responder a novos retos e oportunidades do sector.