O Parlamento de Galicia desenvolveu esta mañá o acto de entrega das Medallas da Cámara coincidindo co aniversario da promulgación do vixente Estatuto de Autonomía. Nesta ocasión, estes premios, segundo expresou o presidente da Cámara, Miguel Santalices, teñen un “marcado acento social” ao ser tres entidades galegas as galardoadas, segundo dixo “que, case sempre caladamente, ofrecen apoio e confortan a quen máis o precisa”. Ademais de COGAMI, Cáritas Diocesanas de Galicia e Aldeas Infantiles SOS Galicia.
Trala entrega e recollida das medallas a Aldeas Infantís e Cáritas, foi o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, a persoa que subiu ao escenario do Salón dos Reis do Parlamento de Galicia para recoller este galardón en nome de toda as persoas que forman parte da Confederación. Anxo Queiruga expresou o seu agradecemento por este premio e quixo lembrar que aínda queda moito por facer para que as persoas con discapacidade sexan tratadas como o resto da sociedade.
O acto contou coa presencia do presidente da Xunta de Galicia, persoa encargada de pechalo.