• Novas
  • 31 de enero de 2023

COGAMI reforza equipos de traballo a través do programa de Cooperación

COGAMI reforza equipos de traballo a través do programa de Cooperación

Dende o mes de decembro, COGAMI conta no seu equipo con nove profesionais máis de diferentes disciplinas que se incorporan a través do Programa de Cooperación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia destinado a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social.

As novas incorporacións entraron a formar parte do equipo de traballo das instalacións que COGAMI ten en Ourense e nos centros de recursos de Mos, Medelo, Fingoi e Monteporreiro.

Clara Isabel Fernández ocupará o posto de coidadora no centro de Fingoi e Juan Castro de condutor. Eva Regueiro incorpórase como traballadora social en Ourense para fortalecer a área de Promoción da Autonomía Persoal. Josefa Barreiro encargarase do servizo de limpeza do centro de Medelo mentres que Jenifer Troitiño e Lucía Troitiño formarán parte do equipo de coidadoras e coidadores do centro de Monteporreiro. O centro de recursos de Mos contará coa incorporación ao equipo de David Cabaleiro como coidador e de Mª Isabel Pombo como fisioterapeuta.

Todas estas incorporacións durante os próximos doce meses, formarán parte do equipo de COGAMI co fin de mellorar a nosa atención e dar resposta ás necesidades das persoas con discapacidade que atendemos cada día. A través deste programa de Cooperación, ofrécense oportunidades ás persoas inscritas como demandantes de emprego para adquirir experiencia laboral e facilitarlles a inserción no mercado de traballo. Ao mesmo tempo, facilitan que moitas entidades sen ánimo de lucro, carentes de infraestruturas para contratar persoal, poidan ofrecer servizos de interese á comunidade.