Acto de entrega de diplomas ás 14 persoas procedentes de concellos do sur da provincia de Pontevedra que se formaron no curso de Almacén e carretilla impartido por COGAMI nas instalacións que ten en Vigo.
Esta formación está enmarcada dentro das accións que contemplan o programa de inserción laboral Máis Emprego que cofinancian Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo (FSE).
Iniciou o 2 de maio, contemplando unha duración de 120 horas, 70 destas prácticas realizadas en colaboración con diversas empresas como Bricoking, Tiger, Povisa, Partenon e Alcampo. Precisamente, as catro persoas inseridas laboralmente foron contratadas polas empresas nas que realizaron as súas prácticas.
Un dos requisitos para poder formar parte deste curso era que o alumnado tiña que ter o certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual. A través deste curso preténdese mellorar as súas posibilidades de reincorporación ao mercado laboral mediante a obtención dun diploma acreditativo dos coñecementos que son necesarios para o manexo da carretilla elevadora e para a xestión básica dun almacén.
O alumnado, procedente dos concellos de Vigo, Gondomar, Tomiño, Salvaterra e A Guarda, ten idades comprendidas entre os 35 e os 57 anos. Ao remate desta formación, tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro de mellora das habilidades tecnolóxicas e busca de emprego, acción que tamén está enmarcada dentro do programa Máis Emprego.
No que vai de ano, o programa Máis Emprego impartiu catro cursos formativos: dous de Limpeza hospitalaria desenvolvidos nas comarcas de O Salnés e Pontevedra que contan cunha do 75% das persoas formadas e outro de Conserxería impartido en Marín, acadando unha inserción do 42%. No primeiro semestre do ano, foron 68 persoas atendidas dentro do programa, das que 26 están actualmente traballando.