• Novas
  • 18 de enero de 2023

COGAMI remata curso de competencias clave dirixido a persoas con discapacidade de Ourense

COGAMI remata curso de competencias clave dirixido a persoas con discapacidade de Ourense

Un grupo de trece persoas con discapacidade de Ourense, 12 homes e 1 muller, finalizou o curso de competencias clave en Matemáticas N2 que COGAMI impartiu nas instalacións que ten en Ourense (rúa Farixa, nº3, baixo).

Este curso denominado AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas), estivo cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, enmarcado no que se coñece como Competencias Clave Nivel 2, que permitirá ao alumnado que o supere, poder optar a facer formación equivalente a ter cursado o graduado da ESO.

As 13 persoas que se formaron neste curso, que durou 138 horas das que 120 horas foron sobre matemáticas e 18 horas módulos transversais de inserción laboral e igualdade, proceden dos concellos de Ourense, Barbadás, Toén, Vilar de Barrio, Gomesende e Xinzo de Limia. Todas tiñan o certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. As competencias clave permitirán que poidan optar a certificados de profesionalidade que cualifican para poder acceder a determinadas profesionais e acadar a inserción laboral.