• Novas
  • 25 de febrero de 2022

COGAMI remata curso de comunicación en lingua castelá en Ourense

COGAMI remata curso de comunicación en lingua castelá en Ourense

Un total de 12 persoas con discapacidade de Ourense, 6 homes e 6 mulleres, finalizaron o curso de Comunicación en Lingua Castelá N2 que COGAMI impartiu nas instalacións que ten en Ourense (rúa Farixa, nº3, baixo).

Este curso denominado AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas), estivo cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, enmarcado no que se coñece como Competencias Clave Nivel 2, que permitirá ao alumnado que o supere poder optar a facer formación equivalente a ter cursado o graduado da ESO.

As 12 persoas que se formaron neste curso son dos concellos de Ourense, O Carballiño, Barbadás, Coles e Toén, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual. Tras superar esta formación, iniciarán as competencias clave en matemática e en lingua galega para completar as de nivel 2 necesarias para acceder á formación AFD de referencia.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, rexistrando arestora un total de 2.259 persoas inscritas.