• Novas
  • 27 de abril de 2022

COGAMI remata curso de comunicación en lingua galega impartido en Vigo

COGAMI remata curso de comunicación en lingua galega impartido en Vigo

As instalacións que COGAMI ten en Vigo (rúa Teixugueiras, nº15, baixo) acolleron un curso AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) de Comunicación en Lingua Galega.

Esta formación, que cofinancian a Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, constou de 138 horas lectivas, que se impartiron en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Neste curso formáronse 14 persoas, 9 mulleres e 5 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual, procedentes dos concellos de Vigo, Baiona e Salvaterra do Miño.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, rexistrando arestora un total de 3.533 persoas inscritas.