COGAMI remata o curso de auxiliar de servizos que formou a 13 persoas da comarca de Vigo
  • Novas
  • 18 de noviembre de 2021

COGAMI remata o curso de auxiliar de servizos que formou a 13 persoas da comarca de Vigo

Despois de un mes de clases teóricas e prácticas, COGAMI remata o curso de Auxiliar de Servicios que impartiu en Vigo e ao que asistiron un total de 13 persoas que forman parte do programa de inclusión Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo, co fin de facilitar a entrada ao mercado laboral ou a reciclaxe profesional.

Esta formación contou cunha duración de 100 horas, 30 teóricas e 70 prácticas que foron realizadas en empresas das zonas de procedencia do alumnado, de cara a facilitar o contacto co tecido empresarial da súa contorna na busca de emprego, sendo os concellos de orixe: Vigo, Salceda de Caselas, Ponteareas, O Porriño e Redondela.

Unha vez finalizada a formación teórica e práctica, tivo lugar  unha acción de mellora da empregabilidade para favorecer a posta en marcha da busca activa de emprego nas persoas participantes.