Un total de 12 persoas con discapacidade de Ourense, 9 homes e 3 mulleres, finalizaron o curso de Comunicación en Lingua Galega N2 que COGAMI impartiu nas instalacións que ten en Ourense (rúa Farixa, nº3, baixo).
Este curso denominado AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas), estivo cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, enmarcado no que se coñece como Competencias Clave Nivel 2, que permitirá ao alumnado que o supere poder optar a facer formación equivalente a ter cursado o graduado da ESO, para poder acceder a determinadas profesóns, acadando a inserción laboral.
As 12 persoas que se formaron neste curso son dos concellos de Ourense, O Carballiño, Barbadás e Vilar de Barrio, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual.
COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI.