• Novas
  • 25 de junio de 2020

COGAMI remite propostas ás formacións políticas galegas para garantir os dereitos das persoas con discapacidade

COGAMI remite propostas ás formacións políticas galegas para garantir os dereitos das persoas con discapacidade


Ante a próxima cita coas urnas na que un total de 2.697.315 galegas e galegos elixiremos as candidaturas que nos representará no Parlamento de Galicia para os vindeiros catro anos, COGAMI remite a todos os partidos políticos unhas propostas para que incorporen nos seus programas electorais.

Mediante estas propostas, dende a Confederación preténdese que as diferentes formacións políticas teñan en conta ao grupo social da discapacidade, unhas peticións que serven para garantir os dereitos das persoas con discapacidade a través da inclusión social.

Algunhas destas propostas son a elaboración e creación dunha Lei do Terceiro Sector de Acción Social, o desenvolvemento do Concerto Social, garantir o cumprimento das normativas de e accesibilidade universal, fortalecer os servizos de integración laboral especializadas en persoas con discapacidade, potenciar a formación e reciclaxe nas novas tecnoloxías ou velar polo cumprimento da cota de reserva do 2% na empresa ordinaria.

Outras das medidas remitidas por COGAMI ás diferentes representacións políticas son a necesidade de potenciar a formación ocupacional, a prestación de servizos por licitación pública reservada a través de centros especiais de emprego, a incorporación de cláusulas sociais na contratación pública e garantir axudas á promoción da autonomía persoal.

Podes descargar neste documento, a totalidade das propostas neste enlace