• Novas
  • 28 de marzo de 2022

COGAMI sensibiliza ao estudantado sobre a discapacidade e a vulnerabilidade dos dereitos das persoas que a teñen

COGAMI sensibiliza ao estudantado sobre a discapacidade e a vulnerabilidade dos dereitos das persoas que a teñen

A área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI iniciou o seu programa de charlas de sensibilización que ten programadas para este ano co fin de sensibilizar á xente nova sobre a discapacidade e os dereitos que temos que defender todas as persoas.

Unha das charlas impartida foi no CIFP Portovello de Ourense, na que participaron 29 alumnas e alumnos e 2 profesoras do centro. Dende COGAMI asistiron un técnico da área de Accesibilidade, Diego Piñeiro, e dúas traballadoras sociais, Olalla Esmorís e  Alba Vázquez.

O contido desta charlas ten por finalidade trasladar unha visión da realidade que cada día viven as persoas con discapacidade. Que é a discapacidade, tipoloxías ou como se debe tratar a unha persoa que ten discapacidade, foron algúns dos temas que se trataron durante estas charlas coas que se pretende concienciar sobre a diversidade que existe na sociedade, que todas as persoas somos diferentes e de que todas temos capacidades.

Outros obxectivos destas charlas de sensibilización pretenden provocar ás persoas asistentes, crearlles unha visión crítica da vulneración dos dereitos das persoas, das súas necesidades. Por iso, outras das temáticas abordadas nestas charlas xiran entorno á inclusión na educación normalizada, as expectativas laborais e de vida autónoma e tamén o lecer dirixido a persoas con discapacidade.