• Novas
  • 07 de diciembre de 2022

COGAMI traslada a experiencia da implantación do valor social no X Congreso de Geaccounting

COGAMI traslada a experiencia da implantación do valor social no X Congreso de Geaccounting

A área Económica Financeira de COGAMI participou no X Congreso Nacional Geaccounting que se celebrou en Bilbao para falar sobre contabilidade social para a sostibilidade, un foro que ten por finalidade fomentar o debate e a reflexión sobre a función social das organizacións.

Nesta edición, o foro centrouse na contabilidade social e na súa función como elemento precursor da sostibilidade das organizacións que contribúen a xerar valor social dende unha perspectiva máis humanista. O director da área Económica de COGAMI, Juan Suárez, compartiu mesa redonda con outras entidades do terceiro sector como Lantegui Batuak, Laborvalia, Ehlabe, Fundación Montemadrid, Amica e Katea Legaia.

Durante a súa intervención, Juan Suárez trasladou a experiencia e inquedanzas vividas durante o proceso de implantación do valor social na nosa Organización, participando activamente COGAMI nas liñas de traballo que se desenvolven para avanzar no modelo de contabilidade social.

A medición do impacto vén sendo abordada por COGAMI dende o ano 2018 para coñecer en datos reais a nosa contabilidade social e dar a coñecer a capacidade de xerar valor na nosa contorna. Esta contabilidade social dános o valor da nosa Misión e permite poñer en relevancia a capacidade multiplicadora de cara o beneficio social común.