• Novas
  • 28 de enero de 2020

COGAMI traslada a situación das persoas con discapacidade en Galicia ao relator da ONU sobre pobreza que estivo de visita en Medelo

COGAMI traslada a situación das persoas con discapacidade en Galicia ao relator da ONU sobre pobreza que estivo de visita en Medelo

O Relatos Especial da ONU sobre a extrema pobreza e os dereitos humanos, o profesor Philip Alston, estivo de visita durante esta mañá no centro de recursos que COGAMI, entidade membro de COCEMFE, ten en Medelo (Silleda) para coñecer de primeira man a situación das persoas con discapacidade no ámbito rural e como lle afecta a pobreza a este grupo social.

Durante la visita, Alston estivo acompañado dunha delegación de representantes de COCEMFE e COGAMI, encargados de mostrarlle o centro ao relator e quen lles explicaron a maior vulnerabilidade que teñen as persoas con discapacidade física e orgánica ante a pobreza.

Segundo o presidente de COCEMFE e COGAMI, Anxo Queiruga, “a pobreza ten maior incidencia nas persoas con discapacidade porque temos que facer fronte a máis gastos, atopamos grandes dificultades para acceder a un emprego e recibimos rendas que son completamente insuficientes para ter unha boa calidade de vida”.

“Percibimos menos recursos económicos derivados da actividade laboral ou procedentes do sistema público de protección social. De feito, moitas das persoas están recibindo unha pensión que non representa nin a metade do actual salario mínimo en España”, afirmou Queiruga, engadindo que “a inversión en produtos de apoio e tratamentos pode chegar a ser tan elevada que hai persoas que, ao non acceder aos servizos de prevención, experimentan un deterioro na súa saúde irreversible”.

 

Anxo Queiruga tamén remarcou “as severas dificultades que atopan as persoas con discapacidade para participar no mercado de traballo están motividas non só pola falta de apoios para recibir unha educación ou formación en condición de igualdade, senón tamén pola falta de accesibilidade en medios de transporte e nas cidades e contornas rurais, posto que é un factor decisivo que frecuentemente impide ás persoas con discapacidade acceder aos postos de traballo”.

Segundo o 8º Informe sobre o estado da pobreza: Seguimento do indicador AROPE de risco de pobreza e exclusión social en España, 2008-2017 elaborado pola Rede Europea da Loita contra a Pobreza e Exclusión Social, as persoas con discapacidade soportan un risco de pobreza e/ou exclusión moito máis elevado que aquelas que non teñen discapacidade. Segundo este informe, practicamente unha de cada tres persoas con discapacidade, está en risco de pobreza e/ou exclusión.

Entre os factores que inflúen para este maior risco de pobreza e/ou exclusión está a dificultade para o acceso ao mercado de traballo e a carga económica que supón a discapacidade, entre outros.

Philip Alston, atópase de visita de investigación a España do 27 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2020 para analizar a pobreza no país. Durante a súa estadía, ademais desta visita a Galicia, viaxará tamén a Madrid, Euskadi, Estremadura, Andalucía y Cataluña. Reunirase coa administración e con persoas afectadas pola pobreza, así como activistas e representantes de organizacións da sociedade civil. Ao finalizar a visita, o Relator da ONU presentará unha declaración detallada das súas conclusións iniciais. Posteriormente, presentará un informe ao Consello dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas en Xenebra.