• Novas
  • 05 de enero de 2021

COGAMI, unha das entidades beneficiarias da entrega de máscaras por parte da Subdelegación do Goberno

COGAMI, unha das entidades beneficiarias da entrega de máscaras por parte da Subdelegación do Goberno

A coordinadora da oficina de COGAMI en Ourense, Mónica Limia, recolleu da man do Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, a entrega de máscaras cirúrxicas que serán destinadas para uso de persoal laboral e persoas usuarias de entidades que forman parte do CERMI Galicia e carecen de recursos.

Con este, xa son cinco os repartos nos que COGAMI está convocada por parte da Subdelegación, para recoller un material que vai destinado á atención de poboación vulnerable e persoal de servizos esenciais das entidades locais. 

Ademais de COGAMI, a esta convocatoria acudiron tamén as entidades Cáritas e Cruz Vermella, facéndoselles entrega dun total de 34.000 máscaras para repartir entre o persoal, persoas usuarias e entidades que forman parte do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Ourense (CERMI).