• Novas
  • 20 de diciembre de 2017

COGAMI, unha das entidades do terceiro sector que recolle en Madrid o Selo de Excelencia EFQM á xestión da súa organización

COGAMI, unha das entidades do terceiro sector que recolle en Madrid o Selo de Excelencia EFQM á xestión da súa organización


COGAMI volve renovar selo de Excelencia EFQM xunto con outras dezanove organizacións representativas do terceiro sector.

Este selo 400+, que foi recollido en Madrid, supón para a Organización un recoñecemento excelente tanto na xestión dos servizos que presta especializados a persoas con discapacidade e familias, como tamén, na procura de demostrar e amosar transparencia de cara ao interior e exterior.

COGAMI embarcouse no ano 2010 nun sistema de calidade baseado no modelo EFQM que lle supón cada dous anos pasar un exame interno e externo no que se valora o grao de excelencia da organización.

Para COGAMI e o seu equipo de persoal laboral supón unha satisfacción superar esta avaliación e posterior mantemento do selo EFQM 400+ porque significa que ten os deberes feitos.