• Novas
  • 31 de mayo de 2021

COGAMI, unha das entidades participativas da I Feira de Voluntariado do concello de Ames

COGAMI, unha das entidades participativas da I Feira de Voluntariado do concello de Ames

Fin de semana solidaria en Bertamiráns, no Concello de Ames. A I Feira de Voluntariado reuniu a 24 entidades representativas do terceiro sector, sendo unha delas COGAMI, e tamén a representación dos concellos de Ames, Padrón, Negreira e Vedra.

Dende a tarde do venres 28 de maio e todo o día do sábado 29 de maio, desenvolvéronse mesas redondas, actividades de mantemento corporal, musicais, recollida de bicicletas para doar a África e obradoiros infantís de grupos reducidos a partir de 3 anos nos que puideron crear chapas, cadros de soprado, pesca con nós e macetas de cores.

Esta feira contou con afluencia de xente que percorreron as diferentes carpas informativas das entidades participantes, amosando moito interese polos servizos e programas que COGAMI desenvolve ademais de interesarse polo tipo de voluntariado que demanda a entidade e como se pode formar parte da súa bolsa. Para máis información, voluntariado@cogami.gal