• Novas
  • 26 de febrero de 2018

COGAMI, unha das organizacións premiadas polas Medallas do Parlamento de Galicia xunto con Aldeas Infantiles e Cáritas

COGAMI, unha das organizacións premiadas polas Medallas do Parlamento de Galicia xunto con Aldeas Infantiles e Cáritas

A Medalla do Parlamento de Galicia deste ano recoñece o traballo de COGAMI, Aldeas Infantiles SOS Galicia, e Cáritas Diocesanas da Comunidade, unha decisión que foi adoptada pola Mesa da Cámara e publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.


A proposta foi presentada polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, convencido da necesidade de recoñecer publicamente desde a primeira institución da Comunidade o labor das entidades e organizacións que traballan no ámbito social e prestan apoio ás persoas máis vulnerables.

Dende COGAMI acollemos con moita satisfacción este premio que representa unha compensación ao traballo que todos os días realizamos a favor das persoas con discapacidade.