Como obter o certificado de discapacidade e tipo de prestacións son as temáticas das consultas máis derivadas a COGAMI
  • Novas
  • 12 de febrero de 2021

Como obter o certificado de discapacidade e tipo de prestacións son as temáticas das consultas máis derivadas a COGAMI


A área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI ten por obxectivo promover o cambio social, a solución de problemas nas relacións humanas e o seu fortalecemento para incrementar a autonomía e independencia das persoas con discapacidade e as súas familias.

Un dos servizos que presta esta área é o de Información, asesoramento e orientación. Aquí, vía telefónica ou por correo electrónico, chegan as consultas derivadas das persoas usuarias, como as 1.590 consultas derivadas durante o ano pasado. Todas elas foron respondidas e aclaradas por un equipo profesional formado por traballadoras sociais con ampla experiencia e presentes nas oficinas e entidades membro de COGAMI.

De todas estas consultas recibidas, 416 estaban relacionadas coa demanda de información sobre como obter o certificado de discapacidade e 365 solicitaban coñecer as axudas económicas que se recollen dirixidas a persoas con discapacidade.

Outras temáticas das consultas remitidas estaban relacionadas con temática de accesibilidade, produtos de apoio, dependencia, formación, vivenda accesible, voluntariado, asociacionismo, asistencia persoal, centros e servizos que presta COGAMI dirixidos a persoas con discapacidade, entre outras.