Un grupo formado por 24 persoas procedentes dos concellos de Santiago, Avilés, Cork en Irlanda, as Universidades de Glasgow Caledonian no Reino Unido e Coimbra, as axencias de apoio ao emprendemento de social de CRESS Bretagne en Francia, Enterprise North West no Reino Unido, ademais da Axencia de desenvolvemento rexional ADRAVE en Portugal e de Aglomeración de Pau-Pyrénées en Francia, visitaron as instalacións que Coregal ten en Santiago de Compostela.
As persoas visitantes son integrantes do proxecto denominado Atlantic Social Lab (http://www.atlanticsociallab.eu/), financiado pola Unión Europea e que pretende un espazo atlántico inclusivo, verde e participativo a través da innovación social, onde as persoas sociais do proxecto traballan estreitamente temas de inserción laboral de persoas en riscos de exclusión e con empresas do terceiro sector. Por iso teñen dentro do programa a visita a Coregal, un centro especial de emprego de economía social que se dedica á reciclaxe de residuos e que conta cun cadro de persoal formado por 185 persoas, das que 68 traballan no centro situado en Santiago, onde tamén están as oficinas centrais. O resto das plantas de residuos de Coregal están situadas en Carballo, Boiro, Mos e Narón.