As instalacións do CIS Aixiña acollen diferentes servizos dirixidos a persoas con discapacidade de Ourense e que desenvolven varias entidades membro de Discafis-COGAMI, a federación provincial que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten na provincia.
Nestas instalacións, ademais da entidade Aixiña, tamén comparten espazo COGAMI, a súa federación provincial Discafis-COGAMI e as entidades membro AODEM, ACCU, AFFOU, Alcer Ourense e Agadhemo. Outra entidade que comparte o mesmo espazo, aínda que non é membro de COGAMI, é Renacer.
Dende o ano 1989 a Federación Provincial Discafis-COGAMI ofrece cobertura e asistencia a persoas con discapacidade coa prestación de servizos dirixidos por profesionais altamente cualificados, de xeito que incluso é a propia Administración quen deriva a Discafis-COGAMI a persoas procedentes da área de Dependencia.
Traballo Social, Educación Social, Logopedia e o préstamo de guindastres son algúns dos servizos que ofrece Discafis-COGAMI a persoas con discapacidade que se achegan ao CIS Aixiña. Para facer uso destes servizos a nivel particular, basta con estar asociado a calquera das entidades membro ou tamén ser asociada da entidade Renacer, socia colaboradora de Discafis-COGAMI. Outros servizos, o de transporte adaptado e administración contable, están dirixidos a apoiar a estrutura das entidades.
COGAMI tamén ocupa un espazo dentro destas instalación no que ofrece un servizo de Orientación e Intermediación Laboral especializado en persoas con discapacidade, ademais de ofrecer cursos de formación a persoas desempregadas.
A Fisioterapia e Psicoloxía son outros dos servizos que prestan as entidades Aixiña e AODEM, co fin de que as persoas con discapacidade e Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e outras enfermidades Neurodexenerativas, poidan mellorar a súa calidade de vida. Ademais ceden estes profesionais para que persoas socias doutras entidades da Federación poidan acudir a eses servizos.
Entidades membro de Discafis-COGAMI
ACCU- Asociación de persoas con Crohn e colite ulcerosa.
AFFOU- Asociación de Fibromialxia, Síndrome de fatiga crónica e sensibilidade múltiple.
AGADHEMO- Asociación Galega de Hemofilia.
AGAL- Asociación Galega de Lupus.
AIXIÑA- Asociación de Asistencia e Servizos para Discapacitados.
ALCER- Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril.
ALGARIA- Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra da Limia.
AODEM- Asociación de Esclerose Múltiple e Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), Párkinson e outras enfermidades Neurodexenerativas.
ASEM- Asociación Galega de Loita contra as enfermidades Neuromusculares.
ASDIFICA- Asociación de Discapacitados Físicos do Carballiño e Comarca.
HEMOFILIA Ourense
PUZZLE- Asociación para a Loita contra a Exclusión Social e Laboral das Persoas con Discapacidade.
DISVALIA- Persoas con Discapacidade de Valdeorras.
ACADAR- Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia.
RENACER- Asociación de Persoas Afectadas por Dano Cerebral Adquirido.