• Novas
  • 22 de julio de 2021

DISCAFIS COGAMI organiza xornadas de sensibilización dirixidas a escolares de Xinzo de Limia

DISCAFIS COGAMI organiza xornadas de sensibilización dirixidas a escolares de Xinzo de Limia

A Federación DISCAFIS COGAMI realizou en Xinzo de Limia unha xornada de sensibilización sobre a discapacidade na que se daban a coñecer as barreiras arquitectónicas que existen e que impiden a participación social das persoas con mobilidade reducida.

Un total de 30 nenas e nenos de entre 9 e 12 anos participantes no campamento urbano municipal asistiron, en grupos reducidos para manter a seguridade ante o COVID-19, a esta charla que se desenvolveu nas instalacións do pavillón de deportes de Xinzo.

A traballadora social de COGAMI, Sabela Pérez, e a educadora social de DISCAFIS COGAMI, Tatiana Estévez, foron as profesionais encargadas de impartir esta charla que pretende fomentar a empatía entre a xente nova e as persoas con discapacidade a través do xogo e de poñerse no lugar da outra persoa. Para isto contaron con cadeiras de rodas dende as que puideron experimentar en primeira persoa como se deambula cos obstáculos.