O centro especial de emprego Dixardín vén de asinar un contrato co concello de Arzúa para realizar o servizo de conservación e mantemento integral das zonas verdes e xardíns municipais.
Na sinatura, estiveron presentes o Alcalde de Arzúa, José Luis García, o vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, o presidente da asociación Amarai membro de COGAMI, José Luis Costoya, e mailo xerente de Dixardín, Carlos Iglesias.
Este contrato, que foi obtido tras superar un concurso reservado a centros especiais de emprego, estará en vigor durante dous anos.
Dixardín é unha iniciativa social, sen ánimo de lucro, onde traballan 31 persoas, o 80% delas con discapacidade.