O Día Mundial do Doante de Órganos, as asociacións membro de COGAMI (Alcer Coruña, Alcer Lugo, Alcer Ourense, Alcer Pontevedra e Federación Alcer Galicia) lanzan a campaña "Doar Órganos é Salvar Vidas", unha mensaxe coa que agardan sensibilizar á poboación de que agora mesmo son case 300 persoas en Galicia as que agardan por un órgano para poder levar unha vida saudable.
Debido ao COVID-19, este ano a campaña non se vai desenvolver presencialmente como se ten feito coa colocación de postos informativos en diferentes puntos da cidade. Tamén esta pandemia prexudicou cunha caída do 85% a actividade de doazón e transplante de órganos. Agora, coa redución de presión nas UCIS e nos hospitais, agárdase seguir sendo un país líder, como xa o somos durante vinte e oito anos consecutivos, en cifras de doazón e transplante.
Durante este día, dende Alcer Coruña queren homenaxear a través das redes sociais a todas as persoas e familias que, coa súa xenerosidade, regalan oportunidades de vida a outras persoas. Por iso, durante esta semana, as redes sociais da entidade estiveron difundindo mensaxes de apoio de persoas da cultura, da comunicación, da interpretación e do espectáculo galegas que lanzaban unha mensaxe común, a de facernos doante de órganos.
Máis información no hastagh #DoaréDoado ou nestas redes:
Facebook: https://www.facebook.com/alcer.coruna
Twitter: https://twitter.com/alcercoruna84
Instagram: https://www.instagram.com/alcercoruna/