• Novas
  • 13 de agosto de 2021

Doazón dun vehículo adaptado para o centro de recursos de Mos a través dos fondos da X Solidaria

Doazón dun vehículo adaptado para o centro de recursos de Mos a través dos fondos da X Solidaria

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou o centro que COGAMI ten no concello de Mos para facer entrega dun vehículo adaptado financiado a través do 0,7% do IRPF da declaración da renda e que xestiona a Xunta.

En compaña do presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e do director do centro, Celso Álvarez, o Director Xeral aproveitou a visita para facer un percorrido polas instalacións e coñecer outros programas que tamén se financian co 0,7% do IRPF como son os de atención especializada, autonomía persoal, ademais do de lecer, cultura e deporte.

A estes programas do centro de recursos acoden de luns a venres un total de 36 persoas con discapacidade física, das que 29 destas prazas están concertadas cun investimento achegado pola administración autonómica que en 2021 superou os 300.000 euros.