• Novas
  • 07 de septiembre de 2020

Domingo de actividades sesibilizadoras en Alcer Coruña

Domingo de actividades sesibilizadoras en Alcer Coruña


Nada mellor que realizar unha ruta polos recunchos de Santiago de Compostela para poder chamar a atención sobre a necesidade de facerse doante de órganos. Isto é o que pensaron dende a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril -Alcer Coruña- que decidiu organizar unha actividade de sensibilización na que participaron 11 persoas.

A actividade consistiu nunha ruta pola zona monumental compostelá na que se visitaron, e tamén explicaron, as historias e lendas dos principais monumentos da cidade. Tras iniciar a andaina perante a escultura das Dúas Marías da Alameda, o grupo desprazouse polas emblemáticas rúas do Franco, Praza do Obradoiro, Praza da Inmaculada, Praza da Quintana, Praza de Praterías, Praza do Toural, Rúa Nova, Mercado de Abastos e Parque de Bonaval.

Tralo remate da andaina, todas as persoas participantes asistiron a un obradoiro sobre a importancia da doazón de órganos.