• Novas
  • 12 de diciembre de 2017

Durante esta semana, os autobuses da empresa Arriva Galicia destinarán o 5% da venda dos billetes a COGAMI

Durante esta semana, os autobuses da empresa Arriva Galicia destinarán o 5% da venda dos billetes a COGAMI


Iniciou a Semana Solidaria de Arriva Galicia, unha semana na que se van beneficiar as mulleres con discapacidade vítimas de violencia de xénero que son atendidas por COGAMI. Esta iniciativa é froito do convenio asinado o pasado 27 de novembro por responsables da empresa de transporte e COGAMI.

Durante a semana comprendida entre os días 11 a 17 de decembro, os billetes de autobús que sexan expedidos en Galicia van destinar o 5% do seu importe a accións postas en marcha por COGAMI para traballar na prevención, no tratamento de casos de violencia de cara á que poidan ter as mulleres unha mellora da súa calidade de vida.

Tamén durante esta semana, os autobuses van circular coa imaxe gráfica desta campaña para dar a coñecer ás persoas viaxeiras a colaboración con COGAMI. A través desta iniciativa, Arriva Galicia quere amosar a súa responsabilidade coa sociedade e o entorno no que desempeña a súa actividade, ademais do compromiso das persoas con discapacidade.