• Novas
  • 13 de noviembre de 2019

Entrega de diplomas do curso de Auxiliar de comercio impartido en Vigo a través do programa Máis Emprego

Entrega de diplomas do curso de Auxiliar de comercio impartido en Vigo a través do programa Máis Emprego


Despois de case un mes de asistencia a clases teóricas e tamén a prácticas en comercios, as quince persoas que iniciaron o curso de Auxiliar de Comercio que COGAMI impartiu nas instalacións que ten en Vigo, recolleron o seu diploma.

Procedente dos concellos de Vigo, Ponteareas, Nigrán, Tui, Gondomar, Baiona e Mos, o alumnado superou satisfactoriamente tanto as 40 horas teóricas como as 60 horas prácticas realizadas en diferentes comercios da cidade de Vigo.

Esta formación forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Fundación Bancaria “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, programa que se desenvolve nas comarcas de O Salnés, Pontevedra e Vigo, co fin de dotar de competencias necesarias ás persoas con discapacidade de cara á inserción laboral.

Trala entrega de diplomas, e como unha acción máis complementaria e transversal dentro do programa, dende o Servizo de Orientación e Intermediación de COGAMI impartíuselle ao alumnado un obradoiro de mellora da empregabilidade, co fin de adquirir pautas eficientes na busca do emprego.