Despois de case un mes de asistencia a clase, finaliza en Pontevedra o curso de Auxiliar de servizos que COGAMI impartiu dentro do programa Máis Emprego que financia Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo.
Foron un total de 13 persoas, 8 mulleres e 5 homes, as que participaron nesta formación que rematou cunha entrega de diplomas como recoñecemento á superación das materias impartidas.
O alumnado, inscrito na bolsa de emprego do Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI, procedía dos concellos de Pontevedra, Sanxenxo, O Grove, Moaña, Moraña, Ribadumia, A Estrada e Cuntis.