Un total de oito persoas procedentes dos concellos de Pontevedra, Marín e Meis, con idades entre 22 e 58 anos, foron as que se formaron en Pontevedra nun curso de limpeza hospitalaria que impartiu COGAMI.
Este curso forma parte das accións do programa de inserción que COGAMI desenvolve na provincia de Pontevedra denominado Máis Emprego e que financian Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, e está destinado a persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral para profesión habitual.
Esta formación contou de 100 horas lectivas das que 70 foron prácticas en empresas para facilitar tanto a adquisición de habilidades e competencias relacionadas co posto, como para favorecer o contacto co tecido empresarial e, polo tanto, a súa inserción.
Das oito persoas formadas, tres están traballando dende que rematou o curso.