Tralo éxito obtido na primeira edición, a asociación Amarai volveu repetir este ano a xornada ecuestre no Club Hípico Marco das Pías, en Sobrado dos Monxes.
A esta actividade asistiron tanto persoas usuarias desta entidade de Arzúa como doutras entidades tamén membros de COGAMI, como son Íntegro de Costa da Morte, Misela de Noia, Adisbismur de Muros, Ámbar de Barbanza e o centro de recursos de Medelo en Silleda.
Un total de 184 persoas pasaron a xornada montando a cabalo e tamén coidando dos equinos e aseándoos. O fin desta xornada é tomar conciencia dos importantes beneficios que aporta o contacto co cabalo, así como estreitar lazos entre entidades do mesmo colectivo.