• Novas
  • 16 de noviembre de 2022

Éxito de participación no programa de termalismo que organiza a Federación COGAMI Coruña

Éxito de participación no programa de termalismo que organiza a Federación COGAMI Coruña

O programa de termalismo que organiza a Federación COGAMI Coruña volveu poñer o cartel de `non quedan prazas´. Este programa de rehabilitación e mantemento das capacidades funcionais das persoas con discapacidade en balnearios, está dirixido a persoas con discapacidade da provincia de A Coruña.

Financiado pola Deputación de A Coruña a través da convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de servizos sociais (FOAXE-P), contou cun total de 22 participantes procedentes das entidades membro da Federación, sendo estas: Alcer Coruña, ACEM Coruña, AMICO, Ámbar, Íntegro e Grumico. 

As persoas usuarias deste programa estiveron durante unha fin de semana no balneario Termas de Cuntis recibindo tratamentos de augas termais, co fin de mellorar a súa saúde a través de técnicas hidroterápicas, exame médico e masaxe parcial, ademais de asistencia a piscinas termais con chorros de hidromasaxe.

Dende que iniciou en 2006, este programa conta con máis de 200  persoas beneficiarias. O seu obxectivo é facilitar a rehabilitación e mantemento das capacidades de persoas con discapacidade, para mellorar e manter as capacidades físicas das persoas usuarias e promover a independencia física, social e emocional dos participantes.