• Novas
  • 11 de octubre de 2017

Éxito de participación no programa de termalismo que organizou a Federación COGAMI Coruña

Éxito de participación no programa de termalismo que organizou a Federación COGAMI Coruña


Un ano máis, o programa de termalismo que organiza a Federación COGAMI Coruña, e que financia a Deputación de A Coruña, resultou ter un éxito de participación. Este programa, que está dirixido a persoas con discapacidade da provincia coruñesa, desenvolveuse no balneario termas de Cuntis, na provincia de Pontevedra.

Un total de 20 persoas con discapacidade e 11 acompañantes dos concellos de Ames, Boiro, A Coruña, Dumbría, Frades, Pobra de Caramiñal, Ribeira e Santiago de Compostela, estiveron durante unha fin de semana recibindo tratamentos de augas termais, co fin de mellorar a súa saúde a través de tratamentos termais consisten en técnicas hidroterápicas, exame médico e masaxe parcial, ademais de asistencia a piscinas termais con chorros de hidromasaxe.

Con este xa van once anos consecutivos que a Federación COGAMI-Coruña desenvolve este programa de termalismo. A finalidade principal do mesmo é a rehabilitación, pero tamén cumpre coa función de lecer e respiro familiar, tanto para os propias persoas usuarias como para as súas familias.

Dende que en 2006 inicia este programa, xa van máis de 200 persoas con discapacidade as que puideron beneficiarse destes tratamentos termais que organiza a Federación

COGAMI-Coruña.