Un ano máis, a Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur) organizou o torneo de baloncesto, unha competición na que este ano concentrou en Outes a 250 persoas con discapacidade.
A esta xornada tamén se quixo unir a alcaldesa de Outes, María Beatriz Molinos Vidal, que se achegou para saudar a todos os equipos participantes.
As entidades Integro da Costa da Morte, Misela de Noia, Ambar de Barbanza, Avante de Val de Dubra, Amarai de Arzúa, o centro de Medelo de Silleda e A Creba foron as que participaron neste encontro deportivo, e no que resultou gañadora A Creba, quedando Ambar en segunda posición e Adisbismur en terceira.
Tralo remate, participaron todas as entidades nun xantar que sirve para crear lazos de amizade entre as persoas usuarias das diferentes entidades.