No Club de Golf Tambre reuníronse máis de cen persoas para participar Torneo Solidario de Pitch & Putt que organiza a asociación Alcer Coruña co fin de visibilizar a través do deporte a enfermidade renal crónica e sensibilizar sobre a doazón de órganos.
Daniel Pereiro, xogador de Pitch & Putt e usuario de hemodiálise foi o artífice principal deste achegamento a este hábito de vida saudable e de facelo visible para promover a doazón.
Co apoio do Concello de Oroso e da Clínica Diaverum de Santiago, foron preto de 60 participantes as que colaboraron coas súas inscricións cos fins solidarios de Alcer Coruña e foron 40 as persoas con enfermidades renal crónica as que se iniciaron neste deporte.
Esta foi unha xornada de encontro entre iguais e de achegamento a un deporte que se pode adaptar moi ben ás dificultades que aparecen nos deferentes momentos da enfermidade renal crónica. Ademais do torneo, as persoas participantes visitaron a exposición de Laxeiro na Cidade da Cultura e compartiron un xantar de convivencia.