A Federación Alcer Galicia denuncia a situación de desprotección fronte ao COVID-19 nas persoas da provincia de A Coruña que se desprazan en ambulancia para recibir o tratamento de hemodiálise nos centros hospitalarioA
Esta denuncia por parte da Federación chega despois de que se fixera público que once pacientes que acoden a diálise aos hospitais coruñeses San Rafael e Quiron deron positivo en COVID.
Dende a Federación Alcer Galicia anuncian que durante o ano 2020 presentaron varias reclamacións ao Sergas nas que denunciaban que non se respectaban os protocolos de seguridade no transporte de pacientes, como por exemplo, o aforo de catro persoas e mailo condutor. Afirman que a resposta recibida polo Sergas é que se respectan as medidas de actuación da Sociedade Española de Nefroloxía, que recomendan viaxar en vehículo particular se pode ser, non superar o número de catro persoas e condutor no vehículo e obrigatoriedade do condutor de que se tomen as medidas.
Alcer insiste na superación do aforo do transporte nalgunhas ocasións e fai referencia á responsabilidade individual no coidado fronte ao COVID e tamén á pública cando se trata de colectivos altamente vulnerables.