• Novas
  • 26 de septiembre de 2023

Federación Alcer Galicia imparte un curso sobre discapacidade e dependencia na enfermidade renal

Federación Alcer Galicia imparte un curso sobre discapacidade e dependencia na enfermidade renal A través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, a Federación Alcer Galicia impartiu un curso sobre discapacidade e dependencia na enfermidade renal. Dirixida a persoas con enfermidade renal crónica e familias, nesta formación participaron catorce persoas.

Cunha duración de catro horas, a traballadora social da Federación, Beatriz Vega, foi a encargada de impartir esta formación nas instalacións que COGAMI ten en A Coruña, na Avenida de Cádiz nº63. Iniciou cunha introdución explicativa sobre os servizos que presta a Federación Alcer Galicia, para logo explicar como se tramita o certificado de discapacidade, cales son os seus beneficios cando se obtén, ademais de falar do catálogo de servizos e outras axudas, bonos e recursos sociais aos que se pode acceder.

A sesión formativa rematou cunha rolda de preguntas na que as persoas asistentes puideron trasladar as dúbidas sobre os temas que se trataron na xornada.