• Novas
  • 20 de agosto de 2020

Íntegro promove rutas de sendeirismo pola Costa da Morte

Íntegro promove rutas de sendeirismo pola Costa da Morte


A asociación Íntegro vén de promover rutas de sendeirismo pola Costa da Morte encamiñadas á aprendizaxe, observación e interpretación da natureza.

Esta actividade que está  dentro do programa Iniciativa Xove que financia a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, está dirixida a mocidade con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos e pretende sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre a importancia de respectar e protexer o medio ambiente.

Coa finalidade de preservar a saúde das persoas participantes e cumprir estritamente coas medidas de prevención establecidas para evitar a propagación do COVID-19, cada grupo estará formado por un número moi reducido de persoas, que deberán someterse a un control de temperatura e hixiene de mans antes da saída, así como o uso obrigatorio de máscara durante a andaina.

As rutas comprenderán diferentes concellos e localidades de ámbito de actuación da entidade, a Costa da Morte, como por exemplo Caión-Baldaio, Camelle-Arou ou os paseos marítimo-fluviais de Laxe e Cabana de Bergantiños.  Para as persoas interesadas en participar, é necesario reservar praza enviando un mail a info@integro.es.