A asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños, a Fundación María José Jove e a primeira fareira de Galicia, Cristina Fernández, foron as premiadas nesta cuarta edición das Medallas Emilia Pardo Bazán que concede a Xunta de Galicia, como referentes na construción dunha sociedade máis equitativa baseada nos principios de igualdade de oportunidades, xustiza e solidariedade.
Dende COGAMI queremos enviar os nosos parabéns á entidade membro Íntregro, polo labor desenvolvido durante trinta anos na Costa da Morte a favor das persoas con discapacidade, en especial polo traballo coas mulleres con discapacidade a favor da inclusión social e igualdade.
O xurado destes premios destacou o compromiso social, a igualdade, a defensa dos dereitos, a participación social ou a mellora continua, entre outros valores, da asociación Íntegro, ademais de valorar positivamente a integración nos seus programas da perspectiva de xénero de xeito transversal.