• Novas
  • 27 de noviembre de 2020

Máis de 18.000 persoas beneficiáronse dos programas que desenvolve COGAMI para a promoción da autonomía persoal

Máis de 18.000 persoas beneficiáronse dos programas que desenvolve COGAMI para a promoción da autonomía persoal

Un convenio asinado durante este ano 2020 por COGAMI e a Consellería de Política Social para a concesión de subvencións para o financiamento das actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia, beneficiou a un total de 18.440 persoas usuarias da Confederación e familias.

Este convenio ten por obxectivo prestar unha atención o máis integral posible ás persoas con discapacidade e ás súas familias, fomentando a súa autonomía persoal e a súa integración social e laboral, e favorecendo a participación activa das propias persoas.

Durante este ano, COGAMI desenvolveu, a través deste convenio, actividades relacionadas cos servizos que presta como son o servizo de información, asesoramento e orientación; intervención social nas áreas de muller, gran discapacidade, menores, centros e afectividade; na área de promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia; sensibilización e concienciación; voluntariado; actividades de lecer e respiro familiar; asesoramento en accesibilidade e tamén no servizo de apoio ao movemento asociativo.