O proxecto de Promoción da educación inclusiva e de soporte á atención ao alumnado con necesidades educativas por motivo da súa discapacidade que se puxo en marcha durante o ano 2019 tivo como obxectivo promover a escola inclusiva e a igualdade real de oportunidades do alumnado con discapacidade.
No período escolar 2019, o equipo profesional de Galicia, distribuído polas sedes de A Coruña, Lugo e Vigo, acadou os seguintes obxectivos:
Contactaron con 71 centros educativos.
Traballouse con de 14 entidades.
Firmáronse 38 compromisos cos centros educativos.
Asesoraron a 14 familias.
Impartiron 22 formacións dirixidas ao equipo docente.
Formaron a 350 docentes.
Impartiron 99 obradoiros de sensibilización a un total de 2.435 alumnos/as.
Levaron a cabo 8 acciones de comunicación.
Prestaron un total de 45 produtos de apoio.