• Novas
  • 26 de octubre de 2021

Máis de 70 persoas asistiron ás xornadas sobre enfermidade renal organizadas por Alcer Coruña

Máis de 70 persoas asistiron ás xornadas sobre enfermidade renal organizadas por Alcer Coruña

Despois de dous anos sen poder relacionarse un colectivo considerado altamente vulnerable como o é o das persoas con enfermidade renal crónica, tras recibir a terceira dose da vacina do COVID-19, ALCER Coruña organizou a I Xornada sobre enfermidade renal crónica no Forum Metropolitano de A Coruña.

Ata alí desprazáronse setenta persoas para escoitar temas abordados neste encontro como o alivio no impacto das familias de menores en diálise tras a o pulo da creación dunha unidade de referencia en Galicia, a situación de falla de equidade en Galicia no transporte das persoas que acoden a tratamento de hemodiálise e a necesidade de información para articular a xestión da cronicidade da enfermidade renal crónica. Tamén houbo unha lembranza a todas as persoas falecidas e infectadas polo COVID durante o proceso de diálise ou transplante.

Para desenvolver estas xornadas contouse coa colaboración do Concello de A Coruña, a Escola Galega de Saúde para Cidadáns e  empresas como DIAVERUM, Pfizer ou GAES AMPLIFOM. Ademais, participaron a segunda tenente de alcaldía e concelleira de Igualdade e Benestar Social, Yoya Neira, o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Manuel Flores Arias, o director xeral de Asistencia Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, a vicepresidenta da Sociedade Galega de Nefroloxía, Teresa García, o presidente de Federación Nacional Alcer, Daniel Gallego, o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, o vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, e vicepresidenta da Federación Alcer Galicia, Nuria Cruz.