• Novas
  • 09 de febrero de 2021

Máis de duascentas solicitudes de apoio recibiu a COGAMI por parte das súas entidades membro en 2020

Máis de duascentas solicitudes de apoio recibiu a COGAMI por parte das súas entidades membro en 2020

Durante o ano 2020, a área de Fortalecemento do Movemento Asociativo de COGAMI, a que está en contacto directo coas 55 entidades membro, recibiu un total de 217 solicitudes pedindo apoio para poder realizar determinadas xestións.

Entre estas consultas que chegaron dende 41 entidades diferentes, a maioría delas solicitaban información como por exemplo, sobre trámites concretos relacionados coa discapacidade, sobre o asociacionismo e, moitas delas, sobre os protocolos de prevención a seguir ante o COVID-19. Precisamente, por mor do COVID, este ano destacaron as solicitudes para poder reservar espazos seguros e libres onde poder desenvolver unha xuntanza, por exemplo.

De todas as consultas recibidas, o 70% proceden de entidades situadas en zona urbana e o 30% de zona rural. Por provincias, 151 consultas foron remitidas por algunha entidade da provincia de A Coruña, 36 de Pontevedra, 24 de Ourense e 6 da provincia de Lugo. Todas estas solicitudes de apoio foron resoltas nun 99,5%, quedando unha delas para ser resolta durante este ano.