• Novas
  • 21 de febrero de 2023

Máis de mil empregos a persoas en risco de exclusión a través do programa Incorpora de Fundación “la Caixa”

Máis de mil empregos a persoas en risco de exclusión a través do programa Incorpora de Fundación “la Caixa”

O programa de integración sociolaboral Incorpora de Fundación ”la Caixa” facilitou en Galicia 1.070 postos de traballo a persoas en situación de vulnerabilidade en 2022, a través de nove entidades sociais, 30 técnicas e técnicos e a colaboración de 525 empresas. Destas insercións, 612 foron de mulleres e 458 de homes. Por grupos sociais, aproximadamente 298 son persoas con discapacidade e 772 son persoas en risco ou situación de exclusión: xente nova, vítimas de violencia de xénero, parados de larga duración y persoas exreclusas, entre outras.

Destes datos, os conseguidos por COGAMI durante este ano pasado foron 160 insercións laborais de persoas con discapacidade, 162 ofertas de emprego xestionadas e 16 ofertas compartidas coas entidades da rede Incorpora.

Os últimos datos que se desprenden deste programa reflicten unha recuperación nos sectores que sufriron as consecuencias da pandemia e que hoxe volven ser un motor xerador de emprego, destacando a loxística e comercio, hostalería e restauración, limpeza e ámbito sociosanitario.

Ademais de ser COGAMI unha das entidades que entrou a formar parte deste programa no ano 2012, as outras que tamén forman parte de Incorpora e que asinaron a renovación do convenio son: APES; ÉRGUETE-INTEGRACIÓN; IGAXES; FEAFES Galicia; FUNDACIÓN JUANSOÑADOR; CRUZ ROJA LUGO e CRUZ ROJA OURENSE.

O programa Incorpora ten como obxectivo a inserción sociolaboral das persoas, para o que tende pontes entre as empresas e as entidades sociais que o desenvolven.