• Novas
  • 14 de octubre de 2022

Máis de sesenta mulleres participan nun programa de promoción da igualdade que desenvolve COGAMI

Máis de sesenta mulleres participan nun programa de promoción da igualdade que desenvolve COGAMI

COGAMI está a desenvolver un programa de Promoción da Igualdade entre Mulleres e Homes no que están a participar máis de sesenta mulleres ao longo de todo este ano. A todas elas se lles proporciona o apoio necesario para desenvolver o seu plan vital, promovendo o desenvolvemento máximo das capacidades para mellorar a autonomía persoal co trazado de itinerarios personalizados de intervención social.

Moitas das participantes deste programa son mulleres con discapacidade en situación de especial vulnerabilidade e de emerxencia social, con multiplicidade de factores de exclusión social, en situación de desemprego ou con maiores dificultades de inserción ou participación social derivadas de circunstancias persoas e/ou familiares.  

Financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF daquelas persoas contribuíntes que marcaron o recadro de Actividades de Interese Social, coñecido como X Solidaria, este programa está dirixido a promover a igualdade entre mulleres e homes, potenciar a participación e a presenza de mulleres na vida política, económica, cultural e social, así como a atender a todas aquelas mulleres con discapacidade que se atopan en situación de vulnerabilidade.

Para lograr o empoderamento e participación activa das mulleres, o programa ofrece información e asesoramento, en especial a aquelas que viven situacións de vulnerabilidade ou que residen no medio rural. Para isto utilízase unha metodoloxía centrada na persoa, iniciando coa análise de necesidades e realizando as intervencións cun enfoque comunitario incidindo no propio entorno natural das persoas.

O Programa de Promoción da Igualdade entre mulleres e homes conta cun equipo formado por seis traballadoras sociais localizadas nas instalacións que COGAMI ten en A Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo e Lugo.