Neste día, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e o seu movemento asociativo, debemos e queremos ter un emotivo recordo polas 44 mulleres, así como para os 6 menores que foron asasinados, e os 23 menores orfos como consecuencia da violencia machista, segundo datos oficiais do Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais.
E ademais, queremos poñer o énfase sobre a situación de violencia que seguen a vivir as mulleres e nenas con discapacidade, a pesar da preocupación manifestada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que recoñecía … “o feito de que algúns grupos de mulleres, como as que pertencen a minorías, as mulleres indíxenas, as refuxiadas, as mulleres migrantes, as mulleres que viven en comunidades rurais ou remotas, as mulleres indixentes, as mulleres recluídas en institucións ou detidas, as nenas, as mulleres con discapacidade, as mulleres de idade e as mulleres en situacións de conflito armado, son particularmente vulnerables á violencia”.
A falta de acceso das mulleres con discapacidade aos servizos especializados en violencia de xénero, dende os recursos sanitarios, sociais, policiais y xudiciais, segue constituíndo a maior discriminación que atopamos á hora de poder manifestar e denunciar a situación na que nos atopamos. Así se contemplou a falta de accesibilidade como un punto importante a traballar na Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. Xa pasaron 13 anos dende a súa promulgación sen facer nada concreto neste senso.
Ademais, na Lei Xeral dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e a súa inclusión social aprobada polo Real Decreto Lexislativo 1/2013, contemplouse que debían eliminarse todo tipo de barreiras dos edificios e servizos públicos, xa que o seu uso e desfrute son considerados como un dereito das persoas con discapacidade, para elo deuse un prazo que finaliza este 4 de decembro de 2017. Lamentablemente, dende COGAMI, queremos denunciar que seguimos sen ter os servizos especializados de violencia de xénero accesibles.
Por todo elo, ESIXIMOS:
Non máis violencia machista. Nin unha menos!!!!!!